Clube de Conversa en Lingua Inglesa. Nova edición 2017-2018

11 Out 2017

O Clube de Conversa en Lingua Inglesa reúnese semanalmente para practicar o idioma compartindo historias, opinións e ideas nun ambiente informal e relaxado. A posta en común dos nosos coñecementos e experiencias facilita a aprendizaxe, mentres que os xogos e actividades contribúen a mellorar o noso nivel de comprensión e expresión oral.
Esta actividade vai dirixida á xente nova con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

Horario Nivel Intermedio: Martes de 17.00 a 18.00 horas.
Horario Nivel Avanzado: Martes de 18.30 a 19.30 horas.

Para participar é necesario ter coñecementos de inglés a nivel Intermedio (B1 MCER) ou Avanzado (B2 MCER). As persoas interesadas poderán solicitar a súa inscrición unicamente nun nivel e nun horario determinado marcando a casilla correspondente na solicitude de participación.
Establécese un número máximo de 15 participantes por grupo. A prioridade na admisión virá dada pola orde de chegada de solicitudes. De quedar prazas vacantes poderán incorporarse solicitantes maiores de 35 anos ata un máximo dun 33% das prazas ofertadas.

O Clube de Conversa en Lingua Inglesa é unha iniciativa do Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela, dentro do programa “O Son das Linguas” cuxo obxectivo é fomentar os espazos informais de conversa en diferentes linguas.
A actividade comeza o 24 de outubro de 2017 e finalizará en maio de 2018. As reunión terán lugar na sede do Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela. O centro pon a disposición das persoas participantes unha sala equipada con ordenador e proxector, así como apoio técnico na organización e dinamización da actividade.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Descrición dos niveis de competencia B1 e B2

Máis información:
Centro Coordinador de Información Xuvenil
Rúa de Ramón Piñeiro nº 17-19 baixo
Telf. 881 997 607 / 06
Correo electrónico: informacion.xuventude@xunta.es