#NonSmokingChallenge

10 Out 2017

Sabías que o teu corpo tarda entre 24 e 48 horas en regular a túa tensión arterial ata valores normais despois dun cigarro? Ou que o tabaco cambia o sabor á comida? En seis semanas deixarás de asfixiarte cando corres e en seis meses, dependendo do que fumes, poderías chegar a aforrar ata 600 euros. Xa tes para unhas vacacións! Estes son algúns dos beneficios de pasar dos malos fumes e deixar o tabaco. Estes e moitos outros os podes atopar na web da nova campaña do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, chamada #NonSmokingChallenge.

O obxectivo desta nova campaña é promover actitudes de vida saudable entre a mocidade, proporcionando ferramentas para previr o inicio do consumo de tabaco e para favorecer o abandono. Ademais encerra obxectivos específicos, como o fomentar unha imaxe positiva do rexeitamento ao tabaco e dos produtos relacionados e eliminar falsos mitos ou crenzas asociadas ao seu consumo.

Esta nova iniciativa xorde nun contexto no que o tabaquismo constitúe o principal problema de saúde pública prevenible nos países desenvolvidos, sendo a primeira causa de mortalidade e morbilidad evitables no noso país e o resto de países da nosa contorna. E é a mocidade a que ten nas súas mans acabar co tabaquismo, como subliña a campaña.

Segundo os últimos datos oficiais, o 31,4% dos estudantes de 14-18 anos fumou tabaco nos 12 meses anteriores e a idade media de inicio é 13,9 anos. Aínda que tradicionalmente o consumo era maior nos homes, as diferenzas están a acurtarse polo cambio de patrón, de forma que entre os estudantes de 14-18 anos xa destaca o maior consumo en mozas que en mozos (33,2% das mozas e o 29,6% dos mozos fumaran nos 12 meses anteriores).

Sumate ao #NonSmokingChallenge. Acepta o reto!

A campaña expón o acabar co tabaco como un reto para seguir, equiparándoo a outros retos virais como o #MannequinChallenge ou o #IceBucketChallenge, de gran popularidade nas redes sociais, polo que a campaña aparecerá especialmente nestas, co obxectivo de chegar á mocidade.

http://nonsmokingchallenge.com/

 

video