XXIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López

06 Out 2017

O Concello de Paradela convoca o XXIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López. Podrán participar todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose una soa obra por categoría e autor.

Requisitos das obras.
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo. As obras de poesía terán unha extension maxima de 100 versos.
En ambos casos, mecanografiadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.
Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou en castelán, debendo estar rematadas con carácter previo á convocatoria.

Enviarase un único exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:
CONCELLO DE PARADELA
Certame literario
(Modalidade Poesía/Narrativa)
Rúa Cabaleiros de Santiago 15
27611 Paradela. Lugo

En sobre aparte e pechado, constará o lema que distinga o traballo, e no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI ou pasaporte, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda. Abriranse soamente os sobres dos traballos premiados.
No caso de que as obras se remitan mediante correo electrónico, á conta concello.paradela@eidolocal.es, deberán enviarse no mesmo correo electrónico, dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que conterá, no seu interior, o nome e apelidos do autor/a, DNI ou pasaporte, domicilio, teléfono, poboación de residencia, e declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda.
Os arquivos PDF referenciaranse do seguinte xeito:
- Datos persoais ou plica, co título da obra.
- O título da obra.

Premios.
600 € para a obra que resulte seleccionada polo Xurado dentro do apartado de poesía
600 € para a obra que resulte seleccionada polo Xurado dentro do apartado de narrativa.
O xurado reservase a facultade de conceder dous accesits (carentes de dotación económica), en cada categoría, asemade poderá conceder ata tres mencións de honra como máximo (carentes de dotación económica) en cada categoría.

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 30 de novembro de 2017.

Máis información en www.paradela.es