Coworking "Forestal-Madera IGAPE" Ourense

05 Out 2017

Espazo coworking froito da colaboración entre EOI e o INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONOMICA - IGAPE, que conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o IGAPE.

Desenvolveranse diferentes tipos de actividades:

Talleres
Asistencia de acceso libre (obrigatoria para os participantes do coworking). Axúdase aos emprendedores para validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha:
Lean Start Up: Avaliación e validación do teu plan de negocio?; ?Crowfunding?, ?Estratexias de comunicación en redes sociais?, ?Creatividade e innovación?, ?Como poñer en marcha un Plan de márketing dixital?, etc.

Sesións de formación grupal
Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e por tanto de asistencia obrigatoria para os mesmos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e despegamento dos proxectos do espazo coworking.
?Finanzas para emprendedores non financeiros?; ?Habilidades de Comunicación?, ?Xestión do Talento nun proxecto emprendedor: deseña o teu equipo?, etc.

Mentorización
Acceso por parte dos participantes do coworking a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores desde o deseño de modelo de negocio á súa posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que xurdan no camiño.

Eventos
Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir best practices, contando coa experiencia doutros emprendores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre. Como peche á edición celebrarase o Demo Day durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.

Máis información: https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/san-cibrao
cwmadera@eoi.es