Convive.comigo: Vida en familia para adolescentes

29 Set 2017

A Consellería de Política Social busca familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades a quen o xulgado lle impuxo en sentenza unha medida de convivencia cunha persoa ou familia.
Un ambiente socializador e positivo que lles permita aos/ás adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes.

Máis información en http://politicasocial.xunta.gal e en http://arela.org/Noticias/programa-convive.html