Prácticas nas institucións da Unión Europea

28 Set 2017

Períodos de prácticas para titulados universitarios (chamados bolsas Robert Schuman)

As prácticas para titulados universitarios teñen por obxecto permitirlles completar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión Europea e, en particular, do Parlamento Europeo.

Os períodos de prácticas son os seguintes:

Modalidade xeral, aberta a todos os candidatos que cumpran os criterios
Modalidade de xornalismo: os candidatos deben posuír unha experiencia profesional acreditada ben mediante publicacións, ben mediante a pertenza a unha asociación de xornalistas dun Estado membro da Unión Europea, ou ben mediante unha titulación en xornalismo recoñecida nos Estados membros da Unión ou nos países candidatos á adhesión
Modalidade «Premio Sájarov»: este programa ten por obxectivo profundar no coñecemento da acción do Parlamento Europeo en favor dos dereitos humanos e das normas internacionais na materia; diríxese a candidatos cun interese particular polos asuntos de dereitos humanos.


Os candidatos a un período de prácticas para titulados universitarios deben:
Posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea ou dun país candidato á adhesión á Unión Europea.
Cumprir 18 anos na data do comezo das prácticas;
Posuír un coñecemento perfecto dunha das linguas oficiais da Unión Europea;
Non gozar dun período de prácticas ou dun contrato remunerado de máis de catro semanas consecutivas a cargo do orzamento da Unión Europea.

A duración destes períodos de prácticas é de cinco meses e non será prorrogable en ningún caso.

Prazos:

Período de inscrición: do 15 de agosto ao 15 de outubro a medianoite
 Período de prácticas: do 1 de marzo ao 31 de xullo

Período de inscrición: do 15 de marzo ao 15 de maio a medianoite
 Período de prácticas: do 1 de outubro ao 28/29 de febreiro


Períodos de prácticas de formación

O Parlamento Europeo ofrece a oportunidade de realizar prácticas de formación aos mozos/as que obtivesen (antes da data límite de presentación de solicitudes) un certificado de estudos secundarios correspondente ao nivel requirido para o acceso á universidade ou realizasen estudos superiores ou técnicos dun nivel equivalente. Estas prácticas están destinadas, preferentemente, aos mozos que deban realizar un período de prácticas no marco dos seus estudos, sempre que cumprisen 18 anos o día de comezo das prácticas.

A duración das prácticas de formación é dun a catro meses, con posibles excepcións.

Prazos:

Período de inscrición: 1 de agosto - 1 de outubro
 Inicio das prácticas (máx. 4 meses): 1 de xaneiro
Período de inscrición: 1 de decembro - 1 de febreiro
 Inicio das prácticas (máx. 4 meses): 1 de maio
Período de inscrición: 1 de abril - 1 de xuño
 Inicio das prácticas (máx. 4 meses): 1 de setembro


Períodos de prácticas de tradución para titulados universitarios

Estes períodos de prácticas están reservados aos titulados universitarios ou de centros asimilados. Teñen por obxecto permitirlles completar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión Europea e, en particular, do Parlamento Europeo.

Todo candidato a un período de prácticas de tradución para titulados universitarios debe:
posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea ou dun país candidato á adhesión; cumprir 18 anos na data do comezo das prácticas; completar, antes da data límite para a presentación do acta de candidatura, estudos académicos dunha duración mínima de tres anos, acreditados por un título; posuír un coñecemento perfecto dunha lingua oficial da Unión Europea ou da lingua oficial dun país candidato á adhesión e un profundo coñecemento doutras dúas linguas oficiais da Unión Europea; non gozar dun período de prácticas ou dun contrato remunerado de máis de catro semanas consecutivas a cargo do orzamento da Unión Europea.

A duración dos períodos de prácticas de tradución para titulados universitarios será de tres meses. Excepcionalmente, poderán prorrogarse por un período máximo de tres meses.
Períodos de prácticas e datas límite de presentación das candidaturas:

Comezo das prácticas: 1 de xaneiro
 Períodos de inscrición: 15 de xuño - 15 de agosto (a medianoite)
Comezo das prácticas: 1 de abril
 Períodos de inscrición: 15 de setembro - 15 de novembro (a medianoite)
Comezo das prácticas: 1 de xullo
 Períodos de inscrición: 15 de decembro - 15 de febreiro (a medianoite)
Comezo das prácticas: 1 de outubro
 Períodos de inscrición: 15 de marzo - 15 de maio (a medianoite)

Os períodos de prácticas de tradución realízanse en Luxemburgo.  
A título indicativo, o importe da bolsa en 2016 é de 1252,62 euros ao mes.


Períodos de prácticas de formación en tradución

O Parlamento Europeo ofrece a oportunidade de realizar prácticas de formación en tradución aos candidatos que, antes da data límite para a presentación das candidaturas, obtivesen un certificado de estudos secundarios correspondente ao nivel requirido para o ingreso á universidade ou seguisen estudos superiores ou técnicos dun nivel equivalente. Estas prácticas están destinadas, en particular, aos mozos que deben realizar un período de formación como parte do seu plan de estudos, sempre que cumprisen 18 anos o día de comezo das prácticas.

Todo candidato a unhas prácticas de formación en tradución debe:
Cumprir 18 anos na data do comezo das prácticas
Posuír un coñecemento perfecto dunha lingua oficial da Unión Europea ou da lingua oficial dun país candidato á adhesión e un profundo coñecemento doutras dúas linguas oficiais da Unión Europea
Non gozar dun período de prácticas ou dun contrato remunerado de máis de catro semanas consecutivas a cargo do orzamento da Unión Europea.

A duración das prácticas de tradución será de tres meses. Excepcionalmente, poderán prorrogarse por un período máximo de tres meses.

Prazos:
Comezo das prácticas: 1 de xaneiro
 Períodos de inscrición: 15 de xuño - 15 de agosto (a medianoite)
Comezo das prácticas: 1 de abril
 Períodos de inscrición: 15 de setembro - 15 de novembro (a medianoite)
Comezo das prácticas: 1 de xullo
 Períodos de inscrición: 15 de decembro - 15 de febreiro (a medianoite)
Comezo das prácticas: 1 de outubro
 Períodos de inscrición: 15 de marzo - 15 de maio (a medianoite)

As prácticas de formación en tradución realízanse en Luxemburgo.  
Os bolseiros en formación reciben unha asignación mensual. A título indicativo, en 2016 dita asignación ascende a 307,20 euros ao mes

http://www.europarl.europa.eu/atyourservice/es/20150201PVL00047/Periodos-de-pr%C3%A1cticas