1º de Bacharelato en Canada é EE.UU. coas becas Amancio Ortega

27 Set 2017

O programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a mozas de institutos e colexios españois durante un ano académico.

O Programa convoca un total de 500 bolsas para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos:
80 bolsas asignaranse a estudantes de centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
420 a estudantes de centros do resto de España.

Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato). A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e apoio continuado durante os dez meses de estancia; en ningún caso a bolsa supón a achega económica do valor destes servizos ao beneficiario.

O Programa persegue principalmente os seguintes obxectivos:
Mellorar os coñecementos de lingua inglesa e a formación integral do estudante.
Potenciar a capacidade de adaptación e a aprendizaxe nunha nova contorna.

Requisitos
Estar inscrito como alumno de 4º curso de ESO nun Centro de Ensino de calquera Comunidade (ou Cidade) Autónoma do territorio español no momento de presentar a solicitude de participación.
Nota media mínima de 7 puntos en 3º de ESO, (debendo incluírse para o seu cálculo a materia de relixión ou a súa alternativa).
Nota mínima de 8 puntos na materia de inglés (ou a súa alternativa como primeiro idioma estranxeiro) nas notas finais de 3º de ESO.
Non gozar, como estudante estranxeiro, dunha experiencia académica igual ou superior a 6 meses nun país distinto da súa residencia habitual, durante ningún dos cursos equivalentes a 1º, 2º ou 3º de ESO, con independencia do país no que se estudou devandito curso.
Dispoñer de pasaporte español no momento da tramitación do visado.

Dotación
A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e apoio continuado durante os dez meses de estancia; en ningún caso a bolsa supón a achega económica do valor destes servizos ao beneficiario.

Máis Información
Teléfono de atención: 900 103 651. Correo electrónico: info@becas.faortega.org 
https://becas.faortega.org

O formulario de inscrición para a edición 2018-2019 estará dispoñible dende o 2 de outubro de 2017 ás 13:00h ata o 20 de outubro ás 13:00 (hora peninsular).