Axudas á contratación na provincia de Lugo. Programa Ben Empregado

26 Set 2017

A Deputación de Lugo fai unha convocatoria para a selección de Entidades da provincia de Lugo, susceptibles de percibir
subvencións para o fomento do emprego da provincia de Lugo a través da contratación por 12 meses de traballadores en situación de desemprego, a través das seguintes liñas de acceso para sufragar custes de persoal:
Liña 1: dirixida a pequenas empresas e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís e nos seguintes supostos de contratación:
1.a.: Contratación de desempregados
1.b.: Contratación de desempregados de difícil inclusión laboral
Liña 2: dirixida a entidades sen ánimo de lucro tales como: asociacións, federacións, fundacións, e similares.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de outubro de 2017.
Máis información no BOP de Lugo do 25 de setembro de 2017