Empowering intercultural workers. Proxecto Erasmus+ KA1 Mobilidade xuvenil

21 Set 2017

A Asociación Cultural Integra promove este proxecto co obxectivo de ofrecer mobilidades a traballadores no ámbito da mocidade interesados en asuntos interculturais e migración, en organizacións europeas, co propósito de mellorar as súas competencias profesionais e transversais.

O proxecto está dirixido a 12 traballadores no ámbito da mocidade, a interculturalidad e os asuntos migratorios.
A duración das mobilidades será de 9 días para a realización dun período de observación en organismos públicos e/ou privados, asociacións, colectivos, centros sociais, etc.
Os países participantes son España, Italia e Reino Unido.
O proxecto desenvolverase desde o 15 de setembro do 2017 ao 14 de setembro do 2018 cunha duración de 12 meses.
A primeira mobilidade comeza o mes de novembro.


Máis información en https://www.integracoruna.com/erasmus-ka1
info@integracoruna.com