Clube da Ciencia Online para alumnado de 2º de bacharelato

21 Set 2017

A Universidade de Navarra convídache a participar a unha nova edición do Clube da Ciencia-versión ONLINE, que organiza a Facultade de Ciencias. O curso é gratuíto.

O Club da Ciencia é un espazo formativo e de divulgación que alberga 7 sesións  distribuídas ao longo do curso que imparten profesores de prestixio da Facultade sobre diferentes ramas do saber científico.

O Club da Ciencia online está dirixido a alumnos de 2º de bacharelato de Bioloxía-Ciencias da Terra, Química, Física e Matemáticas cunha nota en primeiro de Bacharelato de 8 ou máis sobre 10.

A data tope de inscrición é ata o 11 de outubro

Durante o curso académico 2017-2018, un grupo seleccionado de alumnos de 2º de Bacharelato ten a oportunidade de inscribirse nunha actividade que lles permite aumentar a súa formación científica cun programa exclusivo de prácticas e sesións de divulgación científica.

Os alumnos que realicen a actividade a distancia poderán acceder ao vídeo da sesión unha semana despois da súa gravación e poderán realizar preguntas aos investigadores a través do correo electrónico do responsable de promoción da Facultade de Ciencias.

Máis información: http://www.unav.edu/web/facultad-de-ciencias/descripcion
Videos de edicións anteriores: http://www.unav.edu/web/facultad-de-ciencias/club-de-la-ciencia-galeria-de-videos