Residencias artísticas en Suiza, Arc

20 Set 2017

Arc, artistic residency abre as súas Residencias artísticas en Suíza

Arc é unha residencia artística situada en Romainmôtier, na cordilleira Xura, en Suíza. Trátase dun lugar para a reflexión e o diálogo que permite o intercambio e a colaboración de artistas nun ambiente cálido e unha atmosfera amigable.

De forma permanente convida a artistas e expertos de diferentes traxectorias e orixes aos seus programas de residencias.

Actualmente, son dous os programas que se atopan abertos:
Custom-made (residencia a medida): poden participar artistas ou colectivos (ata un máximo de 8 participantes) que teñan unha idea sobre a que investigar ou un proxecto para realizar. A duración máxima da residencia é de 1 mes.
Walk & Talk (residencia de paseo e conversación): convídase a 2 persoas (artistas ou outros profesionais) a estancias curtas de 4 días que lles permitan dar longos paseos e iniciar longos diálogos a outro ritmo e forma de colaboración.

Ambas as residencias pódense solicitar como moi tarde dous meses antes da data de inicio na que se teña previsto realizar a residencia. A dispoñibilidade de datas pódese consultar na web da institución

Dotación: Espazo de traballo, viaxe, aloxamento e comida.

http://www.arc-artistresidency.ch/en/residencies