Axudas para máster universitario en Galicia

14 Set 2017

A Consellería de Educación convoca axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2017/18.

Requisitos:
a) Estar en situación de desemprego na data de publicación desta orde.
b) Ter rematados os estudos universitarios que lle dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015.
c) Estar matriculado/a no curso académico 2017/18 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos.
d) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia polo menos nos dous últimos anos anteriores á data da publicación desta convocatoria.
e) Estar inscrito/a como demandante de emprego durante un período igual ou superior a 180 días no ano inmediatamente anterior contado ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes.
f) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

Contía da axuda:
A contía da bolsa cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro de 2017
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A

Máis información no DOG do 14 de setembro de 2017 e en orientacion.sug@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es