Prácticas no Tribunal de Xustiza da Unión Europea

13 Set 2017

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea convoca prácticas

Os candidatos, que han de posuír un título universitario en Dereito ou Ciencias Políticas (especialidade Dereito) ou, para as prácticas na Dirección de Interpretación, un título de intérprete de conferencias, deberán cumprimentar, imprimir e asinar o formulario EN / FR, e reenviarlo á dirección de correo electrónico Stages.services@curia.europa.eu, xunto cun curriculum vitae detallado e copias dos títulos e/ou certificados.

Por razóns do servizo, é conveniente posuír un bo coñecemento do francés.

Prazo: 30 de setembro de 2017

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ofrece cada ano un número limitado de prazas para realizar prácticas remuneradas, dunha duración máxima de cinco meses. As prácticas desenvólvense principalmente na Dirección de Investigación e Documentación, na Dirección de Comunicación, na Unidade de Seminarios e Visitas, na Dirección Xeral de Tradución, na Secretaría do Tribunal Xeral e na Dirección de Interpretación.

http://curia.europa.eu/jcms/jcms/jo2_7008/