Premios Nacionais de Xuventude 2017

12 Set 2017

O Instituto da Xuventude, INJUVE, convoca os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2017.
Os Premios Nacionais de Xuventude 2017, supoñen un recoñecemento ao labor desenvolvido pola mocidad, de carácter extraordinario, cuxa finalidade é a de estimular e recoñecer, a traxectoria e esforzo, de carácter extraordinario, daqueles novos que pola súa dedicación no seu traballo e a súa implicación persoal, poñen de manifesto o seu compromiso en distintos ámbitos da sociedade.

Concederase un único premio en cada unha das seguintes categorías:
. Iniciativas emprendedoras en materia de emprego.
. Comunicación intercultural.
. Voluntariado.
. Igualdade.
A dotación do premio é de 3000 € por cada categoría.
Os Premios Nacionais de Xuventude están dirixidos a mozos e mozas de nacionalidade española, e a todos aqueles con residencia legal en España, que non superen a idade de 30 anos na data na que finalice o prazo para a presentación das candidaturas.

O prazo para presentar a inscrición estará aberto ata o 26 de setembro de 2017.
Deberá achegarse, xunto á solicitude da candidatura, unha memoria na que na introdución da mesma, a Organización, Institución ou Corporación que presente a candidatura deberá explicar o porqué da devandita candidatura que presenta e á que dá o seu respaldo. A continuación da introdución, expoñerase a actuación concreta realizada polo candidato pola que se opta a un dos premios previstos.

Máis información no BOE do 29 de agosto de 2017 e en www.injuve.es