Bolsas de formación no Senado

12 Set 2017

O Senado convoca as seguintes bolsas:

Tres bolsas de formación sobre comunicación institucional, interna e externa, dirixidas a mozos licenciados que desexen especializarse neste campo.
As bolsas outórganse cunha duración dun ano (dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2018) e consistirán en doce pagamentos de 900 €.
Requisitos:
licenciados universitarios en Xornalismo españois ou ben os posuidores dun título de Grao Oficial equivalente, que reúnan as dúas condicións seguintes:
a) ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1990.
b) non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado.

15 bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria, dirixidas a mozos titulados que desexen especializarse nestes campos.
Requisitos:
Título oficial universitario en Biblioteconomía e Documentación.
Licenciados universitarios españois e doutros países membros da Unión Europea que reúnan as tres condicións seguintes:
a) ter nacido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1990.
b) acreditar ter cursado estudos en materias arquivísticas, bibliotecarias ou documentalistas durante polo menos 200 horas lectivas.
c) non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de setembro de 2017.
Máis información no BOE do 12 de setembro de 2017 e en www.senado.es