Adestramento e iniciación ao Quidditch en Santiago de Compostela

12 Set 2017

A Asociación Deportiva de Quidditch Lumos Compostela organiza unha xornada de portas abertas o día 26 de setembro.
O quidditch é un deporte minoritario, de contacto e mixto onde a comunidade galega é un referente a nivel estatal (temos a mellor liga regular con 5 equipos participantes, o mellor equipo español e o único equipo español que entrou dentro do TOP16 europeo).
Lumos Compostela, é un equipo mixto de Santiago e os actuais campións de España e Galicia, que traballan na captación de xogadores e xogadoras.

Data: 26 de setembro
Lugar: Campo de Fonseca (Campus Sur)
Horario: 19:30

Máis información quidditchcompostela@gmail.com