Premios extraordinarios nas ensinanzas de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño

11 Set 2017

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño, correspondentes ao curso 2016/17.
Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: 3 na modalidade de Música, 1 na modalidade de Danza e 2 na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Requisitos:

Modalidade A e B: Música e Danza
a) Ter finalizado as ensinanzas profesionais de Música no curso 2016/17 en centros públicos ou privados autorizados de ensinanzas profesionais de Música da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música. Para estes efectos, as materias validadas non serán tidas en conta. No caso de que o/a alumno/a ingresase en sexto curso, a nota media estará referida unicamente ás materias do dito curso.
c) O alumnado que desexe optar a estes premios deberá, ademais, presentar tres copias dunha gravación de vídeo, en formato AVI ou MPEG, en soporte DVD, no cal o aspirante interprete, co acompañamento que precise, se é o caso, tres pezas (obras ou fragmentos da obra) de diferentes estilos, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso de ensinanzas profesionais de Música, cunha duración máxima de 15 minutos, entre as tres pezas.

Modalidade C: Artes Plásticas e Deseño.
a) Ter finalizado un ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño no curso 2016/17, en centros públicos ou privados autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter obtido unha nota media final igual ou superior a 8,75 no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.
c) O alumnado que desexe optar a estes premios deberá, ademais, presentar a memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de outubro de 2017.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311F
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2017 e en www.edu.xunta.es