Proxecto Os nosos dereitos

11 Set 2017

Tes entre 16 e 35 anos e queres proclamar os teus dereitos en voz alta?
PEstudio é o teu altofalante. As ferramentas: a radio e a túa voz.
O proxecto Os nosos dereitos, subvencionado a través de Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, ofréceche a oportunidade de participar nun grupo activo de mozos e mozas para difundir os dereitos da infancia e da mocidade.
Durante tres semanas  terás acceso a formación en ámbitos como dereito, psicoloxía ou educación social para abordar as necesidades e dereitos da infancia. Ademais de obradoiros de novas tecnoloxías e audiovisuais.
Como remate final, gravaremos un espazo radiofónico que se emitirá a nivel autonómico.
Ánimate a participar e a defender os teus dereitos!

As sesións formativas e obradoiros realizaranse en Coruña (Rúa San Andrés 121). Están previstas saídas, dentro da Coruña, na duración do proxecto.
Organiza: Asociación PEstudio
Duración do proxecto: 19/09/2017- 15/10/2017
Data límite das inscripcións 15/09/2017
 
Máis información e inscripcións no teléfono: 690 331 611
dircompestudio@gmail.com e na web www.elportaldelainfancia.org