II Xornada sobre coeducación rural, ecofeminismos e diversidades

11 Set 2017

Esta acción formativa baséase na aprendizaxe cooperativa. A metodoloxía didáctica presentada busca a participación activa en base á problematización de casos e á deconstrucción de ideas previas. Para esta tarefa farase uso de técnicas educativas colaborativas como son o videoforum, os grupos de discusión e role-playing; ademais xeneraranse mapas conceptuais e brainstorming buscando en todo momento a creatividade colectiva. Nos catro bloques temáticos expostos mesturarase o formato palestra-debate con diversos obradoiros.

Obxetivos:
Coñecer a importancia do xénero, as estéticas, a orientación sexual e a identidade de xénero na dimensión individual, grupal e comunitaria. Así como abordar a resiliencia identitaria, a expresión de afectos e a xestión amatoria no desenrolo persoal e colectivo das mulleres e persoas LGTBI do rural.
Profundizar nas diferentes formas de violencia de xénero e de bullying LGTBIQfóbico. Así como as sucesivas formas de colonizar e agredir o medio rural.
Asumir estratexias prácticas pra aplicar os feminismos na realidade educativa da vida rural.
Comprender as vantaxes e beneficios da praxe coeducativa dende un enfoque emancipatorio, intercultural e rural.

Datas: 29-30 setembro e 1 outubro
Lugar: Sede do Sindicato Labrego Galego (Rúa do Cuartel, 1 / Avda. Da Terra Chá 112, 120. Vilalba, Lugo)
Destinatarios:
Profesorado
Educadores/as en xeral que sexan autónomas/os, docentes no eido do ensino non formal, cooperativas de ensinanza, animadoras/es socioculturais e dinamizadoras/es comunitarias/os, etc.  
Estudantes de maxisterio, socioloxía, traballo social, educación social, etc.
Persoas vinculadas a asociacións culturais e de mulleres, LGTBIQ, etc.
Horas de formación: 20 horas

Máis información:
Nova Escola Galega
Rúa das Hedras nº 4, 2º 0
15895 Milladoiro (Ames)
Teléfono: 981 562 577
www.nova-escola-galega.org