Curso de Especialización en Xuventude, Educación e Empregabilidade

11 Set 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora co Grupo de Investigación Esculca da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no “Curso de Especialización en Xuventude, Educación e Empregabilidade”.

Este Curso de Especialización, cunha carga lectiva de 30 ECTS, impartirase de maneira semipresencial de xaneiro a xullo de 2018. As sesións presenciais impartiranse na Facultade de Ciencias da Educación da USC (Campus Vida).

O período de preinscripción comeza o 11/09/2017 e remata o 15/11/2017