Xóvenes como axentes de cambio

11 Set 2017

As xornadas XAC están deseñadas para que a xuventude poidamos asumir un papel de liderado ético co fin de inspirar unha transformación positiva das mentalidades, actitudes e comportamentos tanto neles mesmos coma nas súas comunidades. Apóiase en dous piares:
1. orientación cara unha auto reflexión que lles permita aprender sobre eles/ elas mesmos/as, descubrir os seus talentos e fortalecer as súas habilidades e a crenza de que poden facer algo útil para a súa comunidade
2. a capacitación dos mozos e mozas para facer efectivo ese cambio

O obxectivo da xornadas desta 3º convocatoria é promover unha mocidade activa e solidaria mediante a non violencia e valores de convivencia, tolerancia e respecto.
Fomentar para que a xuventude sexamos axentes de cambio dende unha perspectiva de NON – VIOLENCIA. Queremos dotarnos de ferramentas e estratexias para confrontar u odio, a violencia ou controlar as emocións e actitudes que poden desencadear nun
comportamento agresivo.

Data e lugar
Realizarase o fin de semana do 7 e 8 de Outubro en Alvarella - Vilamaior (A Coruña)

Formacións
A xornada conta cunha parte teórica (obradoiros) de dúas horas de duración cada un que se impartirán simultaneamente. As persoas participantes deberán poderán participar nun total de 5 temáticas diferentes entre as seguintes:
Recursos para traballar o bullying
Bullying e acoso escolar
A violencia de xénero
A muller nunha sociedade patriarcal
Lexislación en materia de xénero
Aceptando emocións, xestionando condutas
Desentrañando os conflitos
Conflito dende unha perspectiva positiva
Rompendo mitos sobre migracións
LGTB+

Participantes e prazas
Mocidade de entre 16 e 35 anos residente en Galicia

Proceso de inscrición
As persoas interesadas en participar na xornada terán que:
1. Encher a ficha de inscrición.
Hai dous tipos de fichas: para maiores de 18 anos e para menores de 18 anos.
De novo, este ano, as persoas menores de 18 anos deberán vir acompañadas dun participante que asumirá a función de responsable do /da menor.
2. Elexir ás formacións ás que se quere asistir
3. Enviar a ficha de inscrición cumprimentada ao correo
xuventudegalicia@cruzroja.es ata o domingo 24 de setembro ás 23.59 horas.

Todos os gastos das actividades do encontro, aloxamento, materiais e manutención (tanto do equipo como dos e as participantes) serán asumidos por Cruz Vermella.
Pola contra, o desprazamento ao lugar de realización NON será asumido. De todos modos, se tedes dificultades para o traslado, por favor, contactade con nós para buscar unha solución.
Para as persoas que utilicen transporte público, poñeremos unha lanzadeira dende Coruña cidade ata o albergue.

Máis información en https://www.facebook.com/CruzVermellaXuventude