A Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poñen en marcha o programa Xuventur 2017.
Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre
a mocidade.
Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro.
Obxectivos do programa
• Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal.
• Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto.
• Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo rural de Galicia.
• Promover a educación ambiental e o ocio saudable.
Mais información | Formulario inscricion |