Convocadas axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

22 Ago 2017

O Ministerio de Educación convoca bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
 
Modalidades
1. Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta.
2. Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Destinatarios
Alumnos escolarizados en centros educativos españois que acrediten a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos.

Requisitos
Acreditar a necesidade específica de apoio educativo, de acordo co requirido nas bases da convocatoria para distintas situacións  e tipos de axudas a conceder.

Dotación
A contía para conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante.

Prazo de presentación: ata o 28 de setembro de 2017.

http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html