Prazas ofertadas pola Asociación Erasmus Compostela dentro do programa Galeuropa 2017

11 Ago 2017

A Asociación Erasmus Compostela, como entidade beneficiaria de Galeuropa 2017, abre o prazo para presentación de candidaturas.

A finalidade da axuda é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia á adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.

Idade mínima dos/as participantes: 18 anos

Lugar e forma de presentación de solicitudes: As  solicitudes presentaranse telematicamente na web www.galeuropa.es no apartado Rexístrate.
Prazo de presentación de solicitudes: 17 de Agosto

Número de prazas ofertadas por países de destino:
Portugal (4)
Reino Unido (4)
Italia (7)

O proxecto ten reservadas nun dos fluxos de mobilidade un 45 % dos/as destinatarios/as con discapacidade superior ou igual ao 33 %

Duración das mobilidades: 3 meses

Máis información:

http://www.galeuropa.es
info@galeuropa.es
Teléfono: 881 181 145

Asociación Erasmus Compostela
Casa Jimena y Elisa Fdez. de la Vega
R/ Casas Reais nº 8
15782  Santiago de Compostela
A Coruña