Incentivos á contratación por conta allea

11 Ago 2017

A Consellería de Economía convoca programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, a través dos seguintes programas:

Programa I. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial (procedemento TR349A)
Programa II. Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social (procedemento TR349D)

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos códigos de cada programa.

Entidades beneficiarias
Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia

O prazo de presentación de solicitudes estrá aberto ata o 30 de setembro de 2017.

Máis información no DOG do 11 de agosto de 2017 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/