Bolsas para cursar estudos non universitarios e universitarios

10 Ago 2017

O Ministerio de Educación convoca bolsas para cursar os seguintes estudos:

Ensinanzas posobrigatorias e ensinanzas superiores non universitarias:
a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
c) Ensinanzas artísticas profesionais.
d) Ensinanzas deportivas.
e) Ensinanzas artísticas superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos militares superiores.
h) Estudos de idiomas en Escolas Oficias de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.
i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de Formación Profesional.
j) Formación Profesional básica.


Ensinanzas universitarias:
a) Ensinos universitarios adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
b) Ensinos universitarios conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

Compoñentes das bolsas e contías:
1. Contías fixas. Serán as seguintes:
a) Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2017-2018.
b) Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.500 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
d) Bolsa básica para estudantes non universitarios: 200 euros.
2. Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60 euros.

Os prazos para presentar a solicitude estenderanse ata:
17 de outubro para os estudantes universitarios.
3 de outubro para os estudantes non universitarios.

A solicitude de bolsa farase a través da páxina web www.mecd.gob.es  mediante formulario online, picando no enlace "Acceso ao servizo online" que figura na parte superior desta páxina

Máis información en www.educacion.es  e no BOE do 10 de agosto de 2017