Persoal docente para impartir obradoiros da Cruz Vermella

03 Ago 2017

Cruz Vermella Xuventude fai unha convocatoria para a selección de persoal docente para impartir os obradoiros das Xornadas XAC -xóvenes como axente de cambio- que se celebrarán do 7 e 8 de outubro.
As temáticas dos obradoiros para os que se convoca o concurso son as seguintes:
- Bullying e acoso escolar
- Igualdade de xénero
- LGTBI+
- Interculturalidade vs xenofobia e racismo
- A violencia a través das redes e internet
- Xestións de emocións
- Habilidades e ferramentas para previr os conflitos
- Habilidades sociais e de comunicación
- Movemento de NON violencia e como aplicalo
- Conflicto dende unha perspectiva positiva
- Estratexias de resolución de conflitos
- Mediación de conflitos
Os obradoiros teñen unha duración de 2 horas cada un.
Búscanse formacións innovadoras, dinámicas, activas e atractivas que axunten contido e práctica.
Aínda que a temática xeral dos obradoiros é inamovible, o título ou denominación da acción formativa é orientativa; queda aberta a posibilidade de propoñer un título máis suxerinte.

Requisitos:
Poderá participar calquera mozo ou moza residente en Galicia de idade comprendida entre 16 e 35 anos.
Cada participante poderá presentarse ata un máximo de catro obradoiros diferentes.
Ter dispoñibilidade de impartir as formacións entre o 7 e 8 de outubro.

Documentación:
a) Proposta da acción formativa en pdf.
b) Currículo Vitae.

A proposta da acción formativa debe recoller os seguintes ítems:
- Nome e apelidos da persoa participante.
- Obradoiro formativo ó que se presenta a proposta
- Breve descrición da proposta e metodoloxía.
- Contidos a tratar
- Todo o que a persoa participante considere importante.
Non hai un formato oficial, a principal premisa para presentar a proposta é que a persoa que vexa o documento poda entender que se quere facer no obradoiro.
A proposta deberá presentarse en documento pdf. Non hai extensión mínima pero si unha máxima designada en tres caras de folio.

Prazo: As persoas interesadas en participar deberán enviar un correo electrónico coa súa proposta segundo as bases da convocatoria a xuventudegalicia@cruzroja.es antes do 28 de agosto ás 00.00 horas.


Máis información no Facebook de Cruz Vermella Xuventude