Bolsas National Geographic para mozos exploradores

03 Ago 2017

National Geographic convoca as bolsas para mozos exploradores "Young Explorers Grants" (YEG) dirixida a persoas de 18 a 25 anos de idade de todas as nacionalidades.

Estas bolsas de National Geographic van dirixidas a estudantes que desexen investigar e desenvolver proxectos relacionados coa exploración e a conservación.
O Programa de Mozos Exploradores de National Geographic é compatible cunha gran variedade de proxectos. Os participantes non están obrigados a ter títulos superiores. Con todo, deben  ter experiencia previa no campo da investigación, a conservación ou a exploración que debera acreditarse ao presentar o proxecto.
Dotación: Entre 1.800 a 4.480 euros, segundo proxecto. Estes fondos só son de apoio, o ideal é que os mozos atopen outros modos de financiamento adicionais para levar a cabo os diferentes proxectos.
Prazo: 31 de decembro de 2017

https://www.nationalgeographic.org/grants