Bolsa de Pintura Flamenca no Museo do Prado

03 Ago 2017

O Museo Nacional do Prado convoca unha bolsa coa Fundación María Cristina Masaveu Peterson para contribuír á formación de investigadores e especialistas na área de Conservación de Pintura Flamenca e Escolas do Norte ata 1.700. A bolsa destinarase a axudar no labor do Xefe da área de Pintura Flamenca e Escolas do Norte con especial dedicación á investigación.

Requisitos:
Grao universitario ou equivalente en Historia da arte finalizada no curso 2007-2008 ou data posterior. Os expedientes académicos deberán ter unha media superior a notable.
Cursar ou estar a cursar estudos de doutoramento en Historia da arte ou disciplinas de Humanidades afíns.

A bolsa terá unha duración de doce 12 consecutivos e será financiada na súa totalidade pola Fundación María Cristina Masaveu Peterson. A contía da bolsa é de 18.000 €.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de agosto de 2017.
Máis información no BOE do 3 de agosto de 2017 e en https://www.museodelprado.es/museo#museo_empleos_y_becas