Bolsas no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

02 Ago 2017

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convoca bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro.

Unha bolsa de formación no proxecto Etiquetador/Lematizador do galego actual (Corga/Xiada): licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica, Portuguesa ou Tradución e Interpretación ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Modernas; en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Tradución e Interpretación; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e.

Unha bolsa de formación no proxecto Codolga: Corpus documentale latinum Gallaeciae: licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Clásica, en Historia, en Humanidades ou graduado/a en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura, dependendo da universidade de procedencia.

Unha bolsa de formación no proxecto Bilega: Bibliografía Informatizada da lingua galega: licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica ou Portuguesa ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Modernas; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios ou en Estudos de Galego e Español

Unha bolsa de formación no proxecto Terminoloxía científico-técnica: licenciado/a en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Inglesas; en Lingua e Literatura Modernas; en Linguas Estranxeiras; en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Tradución e Interpretación.

Unha bolsa de formación no proxecto Informes de literatura: licenciado/a en Filoloxía Galega ou Galego-Portuguesa ou graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Galego e Portugués; Estudos Lingüísticos e Literarios; Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; Linguas e Literaturas Modernas (con Maior ou Minor en Lingua e Literatura Galegas).

Unha bolsa de formación no proxecto Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos: licenciado/a en Filoloxía Galega ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Tradución e Interpretación; en Lingua e Literatura Modernas (con Maior ou Minor en Lingua e Literatura Galegas)

Unha bolsa de formación no proxecto Lírica profana galego-portuguesa: licenciado/a en Filoloxía Galega, Portuguesa, Hispánica, Clásica ou Románica, ou ben graduado/a en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Lingua e Literatura Modernas (con Maior ou Minor en Filoloxía Románica); en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas ou en Filoloxía Clásica.

Unha bolsa de formación no proxecto Dimensións da identidade colectiva de Galicia: licenciado/a ou graduado/a en Ciencias Políticas e da Administración

Requisitos:
Estar en posesión do título universitario de licenciado ou licenciada ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude.
Ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2008-2009 ou posterior.
Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os/as que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.
Non resultar beneficiario/a dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos.
A data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2017 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2019.
A contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais.
As solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento ED109A e na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades www.cirp.es.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 4 de setembro de 2017
Máis información no DOG do 2 de agosto de 2017 e en www.cirp.es