Prácticas no Tribunal de Xustiza da UE

31 Xul 2017

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea convoca todos os anos Prácticas no Tribunal de Xustiza UE

Os candidatos han de posuír un título universitario en Dereito ou Ciencias Políticas (especialidade Dereito) ou, para as prácticas na Dirección de Interpretación, un título de intérprete de conferencias. Por razóns do servizo, é conveniente posuír un bo coñecemento do francés.

Prazos
1 de marzo ao 31 de xullo (o formulario deberá enviarse como moi tarde o 30 de setembro)
1 de outubro ao 28 de febreiro (o formulario deberá enviarse como moi tarde o 30 de abril)

As prácticas desenvólvense principalmente na Dirección de Investigación e Documentación, no Servizo de Prensa e Información, na Dirección Xeral de Tradución e na Dirección de Interpretación.

http://curia.europa.eu/jcms/jcms/Jo2_10338/informations-generales