Bolsas de formación na Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte

31 Xul 2017

A Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte convoca bolsas de formación de posgrao no Departamento de Deporte e Saúde.

Titulacións:
Licenciatura/ Grao en Psicoloxía para a bolsa na Unidade de Psicoloxía.
Diplomatura/ Grao en Fisioterapia para a bolsa na Unidade de Fisioterapia.
Licenciatura/ Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte para as bolsas na Unidade de Control do Rendemento.
Diplomatura/ Grao en Nutrición Humana e/ou Dietética para a Unidade de Endocrinoloxía e Nutrición.

A data de finalización dos estudos solicitados, non poderá ser anterior ao curso académico 2011/2012.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de agosto de 2017.
Máis información BOE do 31 de xullo de 2017 e en http://www.aepsad.gob.es/