Acompaño. Programa de voluntariado de atención e acompañamento de persoas maiores que viven soas

28 Xul 2017

O Programa de voluntariado social para a atención e acompañamento de persoas maiores que viven soas nos seus fogares, Acompaño, é unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, xestionado a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dirixido a impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias que queiran implicarse na intervención nun envellecemento activo e saudable así como a de afrontar o cambio demográfico mediante un enfoque positivo centrado no potencial do colectivo de persoas maiores.

Obxectivos
Fomento da participación e solidariedade nas persoas mozas
Fomento do envellecemento activo e solidario nas persoas maiores
Mellora persoal, benestar e tranquilidade das persoas maiores que viven soas
Detección de posibles problemas de saúde, prevención, control e diagnóstico precoz.
Cambio de actitudes sobre o que significa envellecer, apoiando ás persoas de maior idade e ofrecendo un incentivo de cooperación e solidariedade ás persoas maiores e á xente nova, fomentando un intercambio interxeracional que implique a obtención de vantaxes sistémicas e individuais.
Promoción da vida independente conforme se vai envellecendo respectando a permanencia das persoas maiores nos seus fogares.
Redución dos riscos de depresión, crise, ansiedade ou inseguridade que pode acontecer cando se vive só.
Mellora da atención das persoas maiores no medio no que se atopan.

Todas as persoas interesadas en participar como voluntarias programa deberán cubrir o formulario inscrición