Curso 'Discurso de odio e construción de relatos alternativos' para técnicos de mocidade e informadores xuvenís

28 Xul 2017

Período de inscrición: ata o 9 de agosto de 2017
Data de celebración: do 17 ao 22 de setembro de 2017, no CEULAJ, Mollina (Málaga)
Requisitos:
Traballadores e informadores xuvenís, técnicos de mocidade, formadores e educadores do ámbito de mocidade, etc.
Os gastos de transporte ao CEULAJ, en Mollina (Málaga), de aloxamento e de manutención están cubertos pola organización.

O Instituto da Mocidade, Injuve, abre a convocatoria para o curso de formación sobre como previr o discurso de odio e a radicalización violenta nos mozos, a través da educación en Dereitos Humanos e a construción de relatos alternativos.
O curso está dentro da 18ª Universidade de Mocidade e Desenvolvemento

Este curso está orientado a dar coñecementos e ferramentas a aqueles que traballan con mozas, para que transmitan a estes os valores e a conciencia do respecto, a empatía e o entendemento dos outros. O obxectivo é formar a aqueles que realizan algún tipo de traballo de mocidade para que sexan conscientes e trasladen esa concienciación aos mozos, para previr o discurso de odio, a radicalización e para mostrar como reformular o discurso cara a un sentido positivo e construtivo.

Convocatoria

Formulario de inscrición