Curso de Iniciación á Macrofotografía

27 Xul 2017

Datas: 16 e 17 de setembro de 2017
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Organiza: CEIDA

Obxectivos
Dar a coñecer os conceptos básicos de fotografía necesarios para a especialidade de macro, así como os máis específicos para empregar esta especialidade. Todos os coñecementos se consolidarán mediante prácticas de campo. Non son necesarios coñecementos previos de fotografía.

Dirixido a
Fotógrafos/as, naturalistas, ornitólogos/as, biólogos/as, educadores ambientais, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONGs ambientalistas, estudantes de arte e universitarios, ou público xeral interesado.

Imparte
Fran Nieto. Profesor de fotografía e especialista en macrofotografía. Forma parte do profesorado do primeiro postgrao universitario de fotografía en España. Imparte docencia sobre diferentes temas e polos seus cursos pasaron miles de fotógrafos aficionados e profesionais. As súas imaxes foron premiadas en máis de 30 concursos. Autor do libro "Fotografía macro: descubre todos sus secretos" (JdeJ Editores, 2015)
www.frannieto.es

Contidos
Velocidade. Diafragma. Sensibilidade. Profundidade de campo. Difracción. Accesorios de macro. Aneis de extensión. Lentes de aproximación.
Aneis de inversión. Foles. Obxectivos macro. Teleconvertedores. Visores de ángulo recto. O flash. Modos de funcionamento do flash. Lei inversa do cadrado. Importancia da distancia do fondo. Fondos negros. Tipos de luces. Accesorios: reflectores, difusores e snots. Mestura con luz natural. Enfoque dixital. Extensión da profundidade de campo dixital.

Equipo
Para un perfecto aproveitamento do curso é imprescindible asistir con cámara dixital. É tamén recomendable dispoñer de cable disparador e trípode. Para as prácticas de enfoque e extensión da profundidade de campo co ordenador se recomenda asistir cun portátil con algunha versión de Photoshop instalada.

Horario
12 h. de duración
Sábado: 10 - 14 h. / 16 - 20 h. Contidos teóricos
Domingo: 10 - 14 h. Prácticas de campo

Inscrición
Xeral: 90 €
Reducida: 80 € (estudantes e desempregados)

Información e inscrición: http://www.ceida.org/formacion/curso-iniciacion-macrofotografia-nova-edicion.html