Cursos de condución segura de motocicletas

27 Xul 2017

A Xunta convoca cursos gratuitos de condución segura de motocicletas que serán impartidos pola Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas, que permitirán a participación de 160 condutores organizados en grupos de 20 alumnos en dúas quendas diarias.

Os cursos, que son gratuítos, están dirixidos a condutores de todo tipo de motos, que deberán acreditar o permiso de condución B+3, A1, A2 ou A e presentar o seguro obrigatorio do vehículo e a ITV en vigor.

O obxectivo desta formación é mellorar as habilidades dos motoristas, as súas capacidades de análise, a súa anticipación ao risco e a reacción ante o mesmo.

Datas e horarios
Coruña: o sábado 16 de setembro. Primeiro grupo entre as 9 e as 13 horas, e o segundo, en horario de tarde, entre as 16 e as 20 horas.
Lugo: domingo 17 de setembro, o primeiro grupo participará no curso en horario de mañá, entre as 9 e as 13 horas, e o segundo, pola tarde, dende as 16 ata as 20 horas.
Vigo: sábado 23 de setembro, asistindo o primeiro grupo, entre as 9 e as 13 horas, e o segundo, entre as 16 e as 20 horas.
Ourense: domingo 24 de setembro. Os asistentes distribuiranse en dous grupos, o primeiro pola mañá, entre as 9 e as 13 horas, e o segundo, entre as 16 e as 20 horas.

https://www.mutuamotera.org/gn/web/noticia_desarrollada.php?cod=7132&seccion=206