Voluntariado ambiental nas illas de Sálvora e Cortegada

26 Xul 2017

Xuventude organiza un programa de voluntariado que se desenvolverá nas Illas de Sálvora e Cortegada co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.

As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na limpeza de praias e na erradicación de plantas invasoras.

O programa desenvolverase en quendas de 1 día, en grupos de 10 voluntarios do seguinte xeito:

Sálvora: 14 de xullo, 21 de xullo, 28 de xullo, 4 de Agosto, 11 de agosto, 18 de agosto e 25 de agosto.
Cortegada: 12 de xullo, 19 de xullo, 26 de xullo, 2 de agosto, 9 de agosto e 23 de agosto.


O PROGRAMA INCLÚE:
1. Manutención.
2. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

As persoas voluntarias deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro desde onde serán recollidos en barco para o seu traslado ás illas.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade ou ter cumpridos os 16 anos con autorización paterna, materna ou do titor . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que:
-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar.
-Deben levar unha mochila pequeña.
-Non deben esquecer a crema solar.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Formulario de inscrición