Voluntariado ambiental na Peroxa

26 Xul 2017

A Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado pon en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental no Concello de A Peroxa.
O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está pensado como un campo de traballo, no que grupos de 6 persoas voluntarias xunto cunha persoa monitora realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre as necesidades de coidado e preservación da masa forestal.

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento e pensión completa nun albergue.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O desprazamento ata o punto de queda será por conta dos participantes.

OBXECTIVOS
Dimensionar a superficie de acacias.
Establecer as estratexias de erradicación.
Controlar e erradicar as mimosas na superficie de actuación

TRABALLO E ACTIVIDADES
a) Sondaxe de mamíferos
b) Roteiro e sondaxe polas Carballeiras da Peroxa
c) Traballos de erradicación de especies invasoras
d) Recuperación da memoria etnográfica da Peroxa

ACTIVIDADES LÚDICAS
Visitas ás Termas de Ourense, Pazo de Fontefiz, Castro de Santo Tomé, obradoiros de prantas mediciñais, reutilización das mimosas como teitos verdes, orientación.

LOCALIZACIÓN
O Voluntariado Ambiental levaráse a cabo polo concello de A Peroxa e a súa Comarca.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta:
A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar, e han de levar a súa propia roupa de cama (saco/sabas) e os seus utensilios persoais de aseo.
Sería conveniente que os participantes levasen así mesmo un par de prismáticos.
Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

DATAS:
A primeira quenda, dun total de catro, comeza o luns 7 de agosto:
- Primeira quenda: Do 7 ao 11 de agosto
- Segunda quenda: Do 14 ao 18 de agosto
- Terceira quenda: Do 21 ao 25 de agosto
- Cuarta quenda: Do 28 de agosto ao 01 de setembro

Se estás interesada/o en participar rechea o correspondente formulario de inscrición.