Lectorado de lingua, literatura e cultura galega en Alemaña

26 Xul 2017

A Consellería de Educación convoca unha bolsa de formación no lectorados de lingua, literatura e cultura galegas no centros de estudos galegos da Universidade de Kiel (Alemaña)
 
O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

Características da praza convocada:
Universidade de Kiel (Alemaña)
Modalidade: contrato laboral.
Denominación ou categoría laboral: Lektor für Galicisch.
Duración máxima: dous anos.
Data prevista de incorporación: 1 de outubro de 2017.
Data de remate (respectarase en todo caso): 30 de setembro de 2019.
Retribucións íntegras anuais: 15.325,44 euros.
Perfil da praza: estudos literarios e tradución, estudos culturais e urbanos.

Requisitos:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
Licenciatura en Filoloxía Galega.
Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
Grao en Lingua e Literatura Galegas.
Grao en Estudos de Galego e Español.
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de agosto de 2017
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED110B

Máis información no DOG do 26 de xullo de 2017 e en http://www.lingua.gal/portada