Bolsas para universitarios/as que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2017/18

20 Xul 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 140 bolsas destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema universitario de Galicia ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe no curso 2017/18 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa «Erasmus+», relacionados cos estudos que está a cursar.

O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2017/18.
A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 1.500 €.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED441B
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de agosto de 2017
Máis información no DOG do 20 de xullo de 2017 e en www.edu.xunta.es