Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de promoción da cultura ambiental e a autoxestión cidadá en materia de medio ambiente

14 Xul 2017

AutoxestionInscricións:

Dende o 28/06/2017 ata o 27/07/2017

Requisitos:

  • Obxecto: subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento de actividades de promoción da cultura ambiental e de autoxestión da cidadanía para o desenvolvemento sustentable. As actividades deben estar encadradas nas prioridades temáticas que se describen máis adiante, ter un carácter complementario respecto dos programas municipais e ser realizadas por asociacións sen ánimo de lucro.
  • As actividades que teñen cabida nesta convocatoria son as desenvolvidas entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2017. Cada entidade solicitante poderá presentar como máximo un proxecto ou actividade
  • Os proxectos presentados deberán ter relación con algunha destas dúas liñas temáticas:
    • Cambios culturais para un novo modelo de xestión de residuos: "residuo cero e economía circular".
    • Creación dunha cultura urbana centrada na posta en valor dos procesos de naturalización urbana e preservación da biodiversidade.
  • Poderanse presentar exclusivamente propostas de actividades culturais, formativas e educativas, eventos, procesos participativos, talleres, cursos, conferencias, debates ou calquera outro formato que se considere oportuno. Especial interese teñen as propostas de realización de audiovisuais e vídeos virais que se poidan difundir gratuíta e facilmente grazas ás novas tecnoloxías.
  • Entidades beneficiarias: asociacións ambientalistas, culturais, veciñais... sen ánimo de lucro legalmente constituídas e con sede social ou delegación no municipio. Deberán desenvolver as súas actividades total ou parcialmente no municipio da Coruña. Ademais, deben ter:
    • sede social ou delegación no termo municipal da Coruña.
    • e, de acordo cos seus estatutos, obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención.

Remuneración/Dotación:

  • O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado pode alcanzar o 100% do importe total da actividade.

Contacto:

Concellería de Medio Ambiente

Teléfono de atención á cidadanía: 010

www.coruna.gal/medioambiente

Publicación:

- Convocatoria: BOP 27/06/2017

- Bases xerais: BDNS(Identif.): 352429

Concello da Coruña - Concellería de Medio Ambiente