Bolsas de formación en materia de transparencia

07 Xul 2017

O Consello de Transparencia e bo Goberno convoca dúas bolsas de formación en materia de transparencia, dereito de acceso á información e bo goberno.
Requisitos: Ter menos de 30 anos e ter ou estar en condicións de obter o correspondente título universitario oficial de grao, ou licenciado, nas ramas de Tecnoloxías da Información ou Ciencias Xurídicas.
Importe: A asignación económica mensual da bolsa será de 1.300 euros.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xullo de 2017.
Máis información no BOE do 7 de xullo de 2017 e en http://www.consejodetransparencia.es