Axudas Injuve para a Creación Nova 2017

07 Xul 2017

O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas coa finalidade de favorecer o traballo de jnovos creadores, para fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2018 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como no deseño e o cómic e ilustración, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
c) Emprendemento para a creación emerxente.
d) Sala Amadís do Instituto da Mocidade.

Requisitos:
Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que teñan entre 18 e 30 ou 35 anos de idade, segundo sexa o obxecto da axuda. Cando se trate de proxectos nos que participen máis dunha persoa, o requisito de idade esixirase a todos os compoñentes. No caso de grupos musicais e compañías de artes escénicas, o requisito de idade esixirase tanto á dirección artística como ao cadro de interpretación artística.

Contía:
A contía individualizada das axudas será de 3.500 € para os proxectos deproducción de obra e de mobilidade de obra ou creadores e de 7.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e Sala Amadís, conindependencia do custo total estimado do proxecto para desenvolver.
As Axudas Injuve para a Creación Nova teñen por obxecto contribuír aos gastos ocasionados pola realización do proxecto presentado polo solicitante. O importe das Axudas Injuve deberán supoñer, en todo caso, alomenos o 25% do total custo previsto do proxecto.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de agosto de 2017.
Máis información no BOE do 7 de xullo de 2017 e en www.injuve.es