Aproveita o verán para viaxar

29 Xun 2017

Si vas a viaxar durante o verán, tes ventaxas si eres menor de 30 anos.  Hai ofertas en tren, autobús, avión…
A continuación detallamos as máis utilizadas:

Interrail.
O Interrail Pass é un billete de tren que che permite viaxar en case todos os trens de Europa. Con el, obtés acceso a 37 empresas de ferrocarrís e ferrys de 30 países.
Hai tres modelos de Interrail Pass:
O Interrail Global Pass. Permíteche viaxar por varios países en distintos días e con distintos prezos. Podes viaxar durante 10  ou 15 días dentro dun período de 1 mes; ou viaxar todos os días dentro dun periodo de 15, 22 días ou un mes. Os prezos van desde 206 €.
Só os residentes europeos poden viaxar cun Interrail
O Interrail Global Pass é válido para 1 viaxe de ida e 1 viaxe de volta dentro do teu propio país de residencia.
O Interrail Pass é válido para viaxar con empresas, ferroviarias, de ferrys e de transporte público participantes. Máis información
A maioría de trens nocturnos e de alta velocidade requiren unha reserva cun custo adicional. Máis información
Para viaxar cun pase para mozo con desconto, debes ter entre 12 e 27 anos (ambos inclusive) na data de inicio do Interrail Pass.
Un pase para mozo de 1.a clase é válido tanto en 1.a como en 2.a clase
http://www.interrail.eu/es/pases-interrail/global-pass

O Interrail One Country Pass. Permíteche viaxar por un mesmo país, ou tres no caso do BENELUX (Bélxica, Paises Baixos e Luxemburgo), desde 43 €, dependendo do país.
http://www.interrail.eu/es/pases-interrail/one-country-pass

O Interrail Premium Pass inclúe reservas de asiento anticipadas gratis en Italia e España. Prezos desde 124 €.

Trens Turísticos de Galicia
Estes trens fan rutas para descubrir ou redescubrir a riqueza das terras galegas dunha forma orixinal. Natureza, patrimonio e cultura a través de sete propostas cun acento especial nas denominacións de orixe vitivinícolas galegas.

Rutas  de  Xuño e Setembro:
Ruta dos Xardíns e Pazos Históricos. Magníficas edificacións e xardíns cheos de romanticismo.
Ruta dos Faros. Impresionantes vistas no punto máis setentrional da Península.
Ruta do Viño Rías Baixas. Territorio de fértiles vales e fecundos viñedos.
Ruta do Viño Ribeira Sacra. Incribles paisaxes xunto aos ríos Sil e Miño.
Ruta do Viño Monterrei. Abundante patrimonio bañado polas cores do viño.
Ruta do Viño Ribeiro-Rías Baixas. Tradición e historia combinando dúas denominacións de orixe.
Ruta do Viño Ribeira Sacra-Valdeorras. Paraxes de mosteiros e adegas escavadas nas entrañas da terra.

Con Interrail podes viaxar a
Alemaña, Austria, Bosnia-Herzegobina, Bulgaria,Bélxica,Croacia,Dinamarca,Eslovaquia,Eslovenia,Finlandia,Francia,  Gran Bretaña,Grecia,Hungría,Irlanda,Italia,Luxemburgo,Macedonia,Montenegro,Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Rumania, Serbia, Suecia, Suíza

Tren do peregrino
Este tren permite facer o Camiño de Santiago portugués dun xeito diferente, con saída desde Madrid e a bordo dun cómodo Tren Hotel no que dispón de aloxamento en Cabina Gran Clase e restauración. Cada día podese  realizar a etapa correspondente a pé ou en bicicleta (obtendo ao finalizar a viaxe a Compostela).
Máis información:
http://www.renfe.com/ofertas/TrenPeregrino.html?icid=HTrenPeregrino2017

Tren. Renfe.
Carné Xove
Fai descontos aos menores de 26 anos. Ten un descontó do 20%.
Tamén hai descontos para grupos.

Tarxeta +Renfe Xove 50
É unha tarxeta unipersonal, nominativa e intransferible Pode ser utilizada por mozos e mozas entre 14 e 26 anos (idade máxima para a compra: 25 anos) para viaxar en Trens AVE, Longa Distancia, Avant, Media Distancia e Proximidades/Rodalies.
Descontos:
Os descontos son aplicables sobre a tarifa xeral/base e billete sinxelo, en todos os trens de Renfe en traxectos nacionais (excepto Feve, trens turísticos e núcleo de proximidade de Santander).
Prezo: 50 €
Máis información: http://www.renfe.com/viajeros/tarifas/TarjetaMasRenfeJoven50.html

                                                       

Trens Antelación Descontos
AVE-Larga Distancia >= 30 días 50%
Entre 29 e 15 días 40%
< 15 días 30%
Cercanías / Rodalies Indiferente 25%
Media Distancia Indiferente 25%
Avant Indiferente 25%
Renfe-SNCF (Internacional) Indiferente 25%

 

O desconto non será acumulable a outros, excepto o derivado de ser titular de Familia Numerosa e naqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Viaxes en Autobús
EUROLINES. PASS Eurolines.
Con este pase podes viaxar por Europa  durante 15  días desde 195 € ou 30 días desde 265 €.

Máis información: http://www.eurolines.fr/es/paquetes/paquete-ilimitado/

Tarifas ao 1 de xaneiro de 2016 - 31 marzo de 2017
Temporada Baixa
1 de xaneiro ao  31 marzo 2016
1 de outubro - 31 marzo 2017

Temporada Media
1 de abril - 14 xuño 2016
8 - 30 setembro  2016

Temporada alta
15 xuño - 7 setembro

 

15 Dias   Mozos/as (-26 años) Adultos
Temporada Baixa  195€ 225€ 
Temporada Media  210€ 245€ 
Temporada Alta  270€ 320€ 
30 dias Mozos/as (-26 años)  Adultos
Temporada Baixa  265€ 340€ 
 Temporada Media  280€ 350€ 
Temporada Alta  350€ 425€ 

 

ALSA
Alsa ten descontos en viaxes para mozos e mozas de  de 12 a 25,  que van dese o 10% ata o 40%, en función do traxecto e do día da semana.
https://www.alsa.es/-/menores-de-26?promotionalCode=L988

ALSA PASS
É un bono que che permite viaxar durante 15 ou 30 días por varias rutas. O bono de 15 días ten un custo de 125 euros e o de 30 días 195 €.
O bono ALSAPASS unicamente poderá adquirirse en www.alsa.es (excluídas versión movil e app), é nominativo, persoal e intransferible. Non acumulable, en ningún caso, a outros descontos e promocións.
https://www.alsa.es/planes/alsapass

Viaxar en Avión
Para viaxar en avión airhopping é un buscador que intenta parecerse a interrail, pero en avión. Por si é do teu interese ofrecemosche o seu enlace: https://www.airhopping.com/