Campamento de verán: Aventuras Scouts

20 Xun 2017

O grupo Scouts Ilex 695 de Ourense organiza un campamento para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos, que terá lugar do 15 ao 26 de agosto no recinto de Penedos de Xacinto, en Entrimo, ás portas do Parque Natural Baixa Limia e Serra do Xurés e Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gêres-Xurés, con grandes valores naturais dos que poderán aprender e gozar as rapazas e rapaces que participen desta experiencia.

O campamento divídese en dúas quendas. A primeira comezará o día 15 de agosto e está destinada á Tropa, grupo que comprende as idades de entre 11 e 14 anos (rapazas e rapaces nados entre 2003 e 2005); mentres que os rapaces e rapazas da Manda, de 8 a 11 anos (nados entre 2006 e 2008), comezarán o campamento o día 19. As actividades de ambas rematarán na mesma data, o sábado 26.

Custe
O prezo será de 169 euros para os 12 días de campamento dos rapaces maiores (inclúe o transporte de ida e de volta a Ourense), e de 125 para os 8 días de duración para os máis pequenos (inclúe o transporte de volta a Ourense). Este custe de inscrición inclúe a alimentación, aloxamento, actividades, seguros, materiais e monitores/as durante todo o periodo da actividade.

Inscripción
O prazo para inscribirse está aberto ata o día 23 de xuño, inclusive. Hai 50 prazas en total

Máis información: http://scoutsourense.org/campamento-de-veran-aventuras-scouts