Taller formativo de iniciación ao son, a imaxe e a comunicación

20 Xun 2017

A Fundación Paideia organiza un taller formativo de iniciación no ámbito do son, a imaxe e a comunicación. Tras completar o programa, se che interesa, existe a posibilidade de que...
a) Goces dun período de prácticas formativas de 1-2 meses nalgún país europeo.
b) O equipo de proxectos de Emprego da Fundación Paideia axúdeche a atopar un traballo na rede de empresas colaboradoras. As empresas que empreguen a participantes no taller poderán acollerse a subvencións para a súa contratación.

Contidos
Taller de DJ
Taller de Radio
Percusión e Ritmo
A orixe do música
Rexistro do Son
Paisaxe e Espazo sonoro
Elaboración de Vídeo-currículo
Taller de Curtametraxe
Imaxe en movemento
Taller de Videoclip
e máis temas relacionados co son, a imaxe e a comunicación

Ademais, falarase sobre o que debes saber sobre  o mundo laboral, a través de visitas formativas a empresas, e charlas sobre emprendemento, procura de emprego (cartas de motivación, CV), procesos de selección (role-playing de entrevistas), idiomas, resolución de conflitos...

A quen vai dirixido?
O único requisito para participar é estar desempregado, ter entre 16 e 29 anos e estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil.

Prezo:
É gratis. A Fundación Paideia e a Escola de Organización Industrial, a través do FSE, encárganse diso.
Poden solicitarse bolsas de transporte para cubrir o gasto do desprazamento ao Taller.

Onde e cando?
Comarcas de Sar-Barbanza ou Coruña.
Data prevista: Setembro - Novembro 2017.

Máis información e inscricións no teléfono 981 817 000

https://www.paideia.es/taller-sic