Colabora con Down Galicia nas compras online

20 Xun 2017

Sabiades que coas vosas compras online podedes colaborar con Down Galicia sen que vos custe nin un só euro máis?
É posible grazas á existencia de Wapsi.org www.wapsi.org  e de Helpfreely.org www.helpfreely.org  dúas plataformas mediante as que poderás doar unha porcentaxe das túas compras online sen ter que pagar máis.

O funcionamento é moi sinxelo. Estas dúas plataformas teñen acordos asinados con moitas empresas, que son as que destinan parte das compras ás ONG que o comprador escolla.

Por exemplo: quero comprar uns billetes de avión para as miñas vacacións.
 1. Entro en Wapsi.org ou en Helpfreely.org
 2. Busco a compañía coa que quero viaxar (por exemplo, Vueling) e escólloa
 3. Selecciono a ONG ou ONGs ás que irá destinada parte da miña compra (por exemplo, Down Galicia) e...
 4. A propia plataforma xa me redirecciona á páxina oficial de Vueling. Unha vez alí, xa fago a miña compra da forma habitual.

Non hai que pagar máis. Son as empresas ás que doan parte do seu beneficio para cumprir coas súas políticas de Responsabilidade Social Corporativa.

Invitámosvos a comprobar a multitude de empresas adheridas a estas plataformas. Por darvos algún exemplo:
Wapsi.org: Booking, Vueling, Atrapalo, Just Eat, Viajes El Corte Inglés, Sarenza, Fnac, Toysrus, Barceló, Pull & Bear, Asos, Logitravel, Halcón Viajes, etc.
Helpfreely.org: Ebay, Booking, Vueling, AliExpress, MediaMarkt, Zooplus, Europcar, Rumbo, eDreams, Nike, El Corte Inglés, Ebay, etc.
E así ata máis de 300 tendas online de alimentación, mascotas, bebés, hoteis, electrónica, automóbil, deportes, fotografía, xoguetes, etc.

Máis información: http://downgalicia.org/contigo-podemos-mais/