Bolsas para o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual da UDC

15 Xun 2017

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, en colaboración coa Fundación Amancio Ortega Gaona, convoca 30 bolsas para estudar o máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña, durante o curso académico 2017/18.
Prazo de envío e presentación de solicitudes: ata o 20 de xuño de 2017.
Abrirase unha segunda convocatoria ata o 15 de setembro de 2017 no caso de que queden prazas vacantes.

Dúas especialidades:
Xornalismo avanzado multiplataforma
Produción executiva audiovisual

Prazas dispoñibles: 30 (15 por cada especialidade)
Prazas reservadas para alumnos iberoamericanos: 10
Créditos: 72 ECTS
Duración do curso presencial: de outubro 2017 a xuño 2018 (9 meses)
Contacto permanente coa industria  
Prácticas Un mínimo de dous meses de prácticas remuneradas a partir de xuño.
Horarios: de luns a venres de 9:30-13:30h e de 15:00-18:00h
Prezo matrícula: Todas as prazas teñen unha bolsa do 100%

https://mpxa.net/