![]() |
![]() |
![]() |
A Consellería de Política Social a través das Direccións Xerais de Xuventude, Participación e Voluntariado e de Maiores e Persoas con Discapacidade, en colaboración co Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA) e a Rede de Ocio Inclusivo de Galicia, vai organizar unha dobre sesión formativa dirixida ás persoas profesionais do tempo libre, co fin de concienciar, reflexionar e formar sobre a importancia do ocio inclusivo e centrado nas persoas e así atender as necesidades formativas neste ámbito.
A aprendizaxe a as vivencias derivadas da participación nun campamento dependen en grande medida de que as/os profesionais coñezan os recursos e estratexias que permitan dar resposta ás necesidades educativas dos nenos e nenas, empregando técnicas e recursos axeitados ás características das persoas.
Así, co fin último de promover a mellora continua no ámbito do lecer para favorecer a inclusión de todas as persoas na comunidade, o vindeiro sábado 17 de xuño terán lugar no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo, as seguintes actividades formativas de carácter presencial e dinámico:
INCLUSIÓN NAS ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE
OBXECTIVOS:
- Facilitar aos monitores e monitoras distintos conceptos metodolóxicos e ferramentas que favorezan o desenvolvemento dun programa de lecer para a inclusión na comunidade.
- Potenciar, dende a aprendizaxe de diferentes técnicas a xestión do lecer para a inclusión na comunidade.
- Dar a coñecer os principios do lecer inclusivo, promovendo e apoiando o lecer de calidade e a inclusión na comunidade.
- Capacitar ás persoas asistentes para dar resposta ás necesidades sociais e de lecer das persoas ás que prestan apoio.
- Promover a mellora continua no ámbito do lecer para a inclusión na comunidade.
- Buscar colaboradores entre as persoas e os/as profesionais responsables dos diferentes recursos da comunidade, para que ofrezan espazos de uso comunitario que sexan accesibles, facilitando a comprensión do entorno para a participación e inclusión social na comunidade.
PRAZAS: 25 monitores, monitoras, directores e directoras de tempo libre e de campos de traballo, ou outros profesionais do tempo libre con interese en completar a súa formación neste ámbito.
HORARIO: 9:30 A 14:00 e de 16:00 A 21:00
PROGRAMA: MÓDULO 1: CONCEPTOS BÁSICOS PARA A INCLUSIÓN.
1.1 Coñecendo á persoa derrubamos barreiras (alimentación, alerxias, sexualidade, saúde…).
1.2 Somos iguais en dereitos e oportunidades (dereitos, valores e proxectos de vida).
1.3 Cambiamos a mirada (inclusión, integración, deseño universal, accesibilidade...).
MÓDULO 2. HABILIDADES PARA O TEMPO DE LECER.
2.1. Obstáculos e desafíos.
2.2. Habilidades sociais, emocionais e instrumentais.
2.3. Actuación ante situacións de crise.
2.4. Apoios á persoa (talleres prácticos: comunicación, apoios visuais…).
2.5. Recursos para a adaptación de materiais, dinámicas e espazos.
MÓDULO 3. FERRAMENTAS PARA A PLANIFICACIÓN DUN CAMPAMENTO ATENDENDO Á DIVERSIDADE.
MÓDULO 4. O PAPEL DO EQUIPO.
4.1 O papel do/a monitor/a como persoa transmisora de valores e facilitadora de relacións.
MÓDULO 5. SUPOSTOS PRÁCTICOS A RESOLVER EN EQUIPO.
CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN TDAH PARA PROFESIONAIS DO TEMPO LIBRE.
OBXECTIVOS:
Coñecer o trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH).
Aportar aos profesionais do tempo libre o coñecemento necesario sobre o TDAH para que poidan abordalo nos campamentos da mellor maneira posible, facilitando o desenvolvemento das persoas e a súa integración.
Informar das dificultades de aprendizaxe asociadas.
Ampliar as estratexias dos/as monitores/as e directores/as para adecuar a resposta educativa dada ás persoas con TDAH.
Coñecer estratexias que che permitan dar resposta ás súas necesidades educativas utilizando técnicas e procedementos adecuados.
CONTIDOS:
Que é o TDAH?
Características.
Os beneficios do lecer e tempo libre para os nenos e nenas con TDAH.
Cómo traballar a comunicación.
Técnicas para favorecer e fomentar a interacción social.
Desenvolver as fortalezas
Eu como monitor, motivo?
Estratexias a traballar. Metodoloxías adaptadas ás persoas.
PRAZAS:25 monitores, monitoras, directores e directoras de tempo libre e de campos de traballo, ou outros/as profesionais do tempo libre con interese en completar a súa formación neste ámbito.
HORARIO: de 10:00 a 14.30 horas.
INSCRICIÓN:As persoas interesadas en participar nas accións formativas programadas deberán cubrir o formulario dispoñible en http://xuventude.xunta.es. O prazo para formalizar as inscricións rematará o vindeiro mércores 14 de xuño. As prazas asignaranse por rigurosa orde de inscrición. A obtención de praza dá dereito á comida do día 17 no propio albergue.
PRAZAS ESGOTADAS