Esfuerza verán 2017 para persoas con diversidade funcional

18 Mai 2017

ESFUERZA é un programa de Actividade Física Adaptada da Fundación María José Jove dirixido a persoas con diversidade funcional
É de carácter gratuíto e oferta 312 prazas. Desenvolverase ao longo do período estival.

Obxectivos:
1. Facilitar a integración e inclusión social das persoas con diversidade funcional.
2. Incrementar a participación das persoas con diversidade funcional nas actividades da súa comunidade.
3. Xerar hábitos saudables en colectivos potencialmente sedentarios.
4. Ofrecer a posibilidade da práctica continuada de actividade física.
5. Mellorar a autoestima persoal e calidade de vida a través da Actividade Física.
6. Favorecer o desenvolvemento da autonomía funcional.
7. Desenvolver habilidades de comunicación e relacionadas co traballo en grupo.

Quen pode participar?
Todas as actividades: adultos, mocidade e nenos a partir de 8 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Piragüismo inclusivo: adultos, mocidade e nenos a partir de 12 anos que saiban nadar e sen diversidade funcional.
Sendeirismo Inclusivo: adultos, mocidade e nenos a partir de 8 anos con diversidade funcional que sexan autónomos nas A.B.V.D. e que participen cun adulto ao seu cargo, e persoas sen diversidade funcional a partir de 12 anos.

Actividades:
Ver: Desde o 26 de xuño ao 15 de setembro ofértanse 6 quendas, con dous grupos de actividade en cada quenda. A duración de cada quenda é de dúas semanas, de luns a venres con horarios entre as 10:00h e as 12:30h ó entre as 12:30 e as 15:00h. A práctica da vela permite un contacto moi directo co medio ambiente e é moi indicada para persoas con calquera tipo de diversidade funcional grazas ás adaptacións nas embarcacións e do material utilizado.

Piragüismo Inclusivo: Do mesmo xeito que a vela, leva a cabo en 6 quendas ao longo de todo o verán, desenvolvéndose tamén de luns a venres desde o 26 de xuño ao 15 de setembro. Hai grupos formados por persoas con e sen diversidade funcional, con horarios de 10.00 a 12.00h e de 12.00 a 14.00h. As adaptacións do material permiten a práctica deste deporte a persoas con importantes limitacións motrices, facilitando a mellora da condición física dependendo das capacidades individuais de cada persoa, ao mesmo tempo que poden gozar do medio natural.

Axuda na Praia: leva a cabo en dúas quendas, desde os meses de Xullo (1º quenda)  e Agosto (2º quenda). Está orientada fundamentalmente para persoas cun grao de mobilidade máis reducida para que, con axuda de persoal técnico, poidan gozar da praia e do mar con normalidade.

Sendeirismo Inclusivo: Nova actividade inclusiva para persoas con e sen diversidade funcional, buscando o achegamento ao Medio natural mediante Rutas interpretadas, tanto patrimoniais como culturais e ambientais. O sendeirismo mantén e mellora a condición física e mental, de maneira saudable e distendida. Exponse 2 rutas durante  o Verán , a primeira o 22 de xullo e a segunda o 26 de Agosto.

O prazo para inscricións estará aberto dende o 29 de maio

http://www.fundacionmariajosejove.org/proyecto/esfuerza-verano-2017/